Foto principal mural Balea

Balea

Derrubando muros con pintura 2018

A obra, de carácter realista, xoga con distintas tonalidades de azuis para conseguir un efecto de profundidade.
A balea está nun acuario rodeada de lixo e atrapada nunha rede. Todos os elementos representados teñen o fin de enviar unha mensaxe, posto que o obxectivo da obra é concienciar ao espectador sobre a importancia que ten a reciclaxe e o coidado do medio ambiente, para así poder conservar as especies que nos rodean.
O mural é unha ventá ao futuro e representa unha posible realidade, ao menos que non tomemos hábitos máis sostibles.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This