O Sistema
- Emi de las Heras (Emi de las Heras)
O Sistema xorde a partir dun proxecto didáctico e artístico do C.E.I.P Fogar de Carballo. O centro pretende convertelas paredes nun soporte máis para que o alumnado aprenda a través da arte. Ao mesmo tempo traslada á escola o proxecto Derrubando Muros con Pintura.
O tema deste primeiro mural é o Sistema solar, ao que lle seguirán outras intervencións sobre a evolución humana ou o medio ambiente.
A resposta do alumnado ante a iniciativa foi moi boa polo que a artista decidiu facelo partícipe pintando un muro. Elixíronse de entre case 800 rapaces e rapazas, once debuxos coa temática do Extraterrestre.
Según asegura Emi, é moi importante na arte urbana crear diálogo co público, cada vez este proxecto e máis entendido e respectado, ao que lle temos que engadir tamén un fin didáctico”.














