Foto principal mural Paradisaedae

Paradisaeidae

Derrubando muros con pintura 2015

Laura Tova retratou neste novo mural unha das súas paisaxes favoritas, a das marismas de Baldaio, recoñecida pola Unión Europea como Rede Natura e área ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). A escena, composta por dous planos, amosa unha gran ave que enmarca á lagoa e ás dunas do noso paraíso, poñéndolle un título moi acaído como Paradisaeidae, ave paraíso. Tova traballou en gran formato vertical (10m. x 7m.) nunha das paredes do exterior do CEIP Fogar, nunha obra que pretende pór en valor a riqueza natural da zona e achegala aos escolares de Carballo cada día.
Está na rúa Vila de Noia, nunha das paredes do CEIP Fogar.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This