Foto mural principal Tachar as pintadas dunha rúa

Tachar as pintadas dunha rúa

Rexenera Fest 2018 – 4ª edición

Acostumados a que nos sorprenda en cada novo traballo, nesta visita ao Rexenera Fest Daniel Muñoz “SAN” tampouco defraudou e agasallounos con esta peza única e particular, pensada, documentada e realizada especificamente por e para Carballo.

Unha tira de imaxes en formato Polaroid que retratan flashes da rúa do propio muro, e que establecen un curioso xogo co viandante. Coma nunha busca dun tesouro, San convida ao transeúnte a mergullarse nas pistas que deixa nesas 5 estampas e descubrir onde se atopa cada unha delas para poñer o foco no que xa ninguén repara…

Unha imaxe poética e lucidamente contradictoria que nos fai reflexionar sobre qué é o que ten cabida e qué non nas nosas rúas…?

Qué tipo de expresión é valiosa…?
Porqué se tapan según que cousas…?
Hai fermosura nunha suposta fealdade…?

Preguntas necesarias para veciños curiosos..

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This