Foto principal mural Tempo de Lecer

Tempo de lecer

Derrubando muros con pintura 2015

A infancia é a etapa da vida que lembramos, entre outras cousas, polas boas sensacións do noso tempo de lecer cos amigos e amigas.
Os rapaces que compoñen a imaxe central do mural están inmersos neste momento, o cal recordamos de forma efémera cando somos adultos.
As figuras están rodeadas dunha paisaxe fantástica, onde a vexetación acada unha escala irreal, e acompañados por uns chimpancés que penduran dunhas árbores siluetadas.
Na composición predominan as formas xeométricas e sinxelas, as cores son planas e maioritariamente primarias, o que crea un contraste visual intenso.
Este mural foi realizado por Emi de las Heras con rapaces e rapazas do Campamento de Verán do Balonmán Xiria, nos meses de xullo do 2014 e 2015.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This