Foto principal mural Visitando o consultorio

Visitando el consultorio

Rexenera Fest 2017 – 3ª edición

Curiot chega dende Michoacán, é un dos artistas máis relevantes na escena da arte urbana actual en México.
Por medio do seu colorido e o traballado detalle, móstranos un imaxinario cheo de culturas antigas que adoraban a deuses asociados a fenómenos naturais ou á divindade que representan. As súas personaxes transpórtannos a mundos imaxinarios e bucólicos, onde sempre está presente a problemática entre a natureza e o ser humano.
Despois dunha longa semana traballando nas alturas, o artista mexicano sorprendeunos cunha particular escea na que intuímos unha chamánica consulta médica. Nesta psicotrópica sala de espera médico e paciente agardan a atoparse pra tentar arranxar doenzas propias deste mundo de extress e xeolocalizacións. Enfermidades aínda por diagnosticar e solucións que agardan por se investigar.
Quizais a solución máis doada aos nosos problemas do hoxe en día esté na volta á sabedoría antiga dos nosos antergos e esquecer a consulta do Sergas pra ir direitamente á casa da Meiga.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This